Tuesday 17 de September de 2024

O Concello de Boqueixón inicia unha campaña de limpeza e desinfección dos oitocentos colectores de lixo do municipio


O Concello de Boqueixón vén de iniciar unha campaña de limpeza e desinfección dos 8000 colectores de recollida de residuos orgánicos, envases lixeiros, vidro e papel de todo o municipio. Uns traballos que comezaron hoxe na localidade de Lestedo e que se desenvolverán durante os vindeiros 15 días.

A limpeza está a ser acometida por profesionais da empresa Ampro Servicios Ambientales, que desprazou a Boqueixón un camión lava-contedores así como os medios técnicos precisos para o lavado e reparación dos mesmos. Unha vez rematada a limpeza dos oitocentos contedores, o Concello de Boqueixón iniciará outra campaña de conservación e limpeza de fontes, lavadoiros e marquesiñas das distintas parroquias.

Esta campaña de limpeza e desinfección de contedores de lixo comeza unha vez finalizada a campaña de roza de pistas municipais, espazos naturais e contornas dos elementos culturais e patrimoniais de Boqueixón desenvoltas durante os dous últimos meses. Unha campaña na que participaron seis tractores-rozadores, o que permitiu ter todas as parroquias rozadas neste mes de agosto.